Páginas

miércoles, 28 de enero de 2015

Deporte escolar 5º

Hoxe foi un día cheo de deporte...os compañeiros e compañeiras de 5º competiron cos alumnos e alumnas do CEIP de Vilalonga...houbo badmington, brilé, balonmán,baloncesto, fútbol e... xadrez!!! Os demais nenos e nenas do centro acudiron ao pavillón á animar e a aplaudir a rabiar...menuda festa! Xa no tempo de recreo...merenda e xogos...que máis se pode pedir?

martes, 27 de enero de 2015

Teatro "Low Cost"

O pasado 15 de xaneiro, os alumnos e alumnas de 5º e 6º asistimos, no Teatro Principal de Pontevedra, á representación da obra, en inglés, "Low cost", a historia dunha chica e un chico que traballan para atopar un lugar no mundo da moda...todo iso aderezado cunha boa dose de humor, cancións, bailes, pases de moda e ata...un bico!!!