Páginas

jueves, 13 de noviembre de 2014

Magosto 2014

Onte pola tarde celebramos o magosto, a festa das castañas. Primeiro fixemos xogos tradicionais como a corda ou o "lanzamento da zapatilla"...Despois tocou agardar polas riquísmas castañas que estaban asando Santi, o profe Xulio e a profe Chus...Unha vez asadiñas tocou degustalas...Estaban ben boas!!! Tamén recibimos a visita de Raticonto que quixo facerse unhas fotos connosco(están publicadas no blogue da Biblioteca así que, pasádevos por ali, se queredes vernos en tan grata compaña).

martes, 11 de noviembre de 2014

Visita ao Eroski-Center de Vilalonga

Hoxe, os alumnos de 5º B, tal como fixeran os compañeiros e compañeiras de 5º A a semana pasada,visitamos o Eroski-Center de Vilalonga para participar nunha actividade que tiña como obxectivo convertirnos en consumidores responsables..Primeiro, déronnos unha charla no colexio, máis tarde collemos un "microondas" e marchamos ao centro. Unha vez alí, visitamos as seccións de froitería, panadaría, peixaría, productos lácteos e limpeza onde nos explicaron o traballo que se desenrola nelas...Aprendemos moito sobre alimentos enerxéticos, formadores e reguladores.. Puidemos degustar unha riquísima merenda a base de froitas e zumes que estaba saborosísima e tiña unhas formas ben bonitas(ratiños, palmeiras...). E, para rematar, xogamos a adiviñar alimentos co tacto e co gusto...acertámolos cáseque todos!!!...Regaláronnos unha mochila chea de agasallos e fixéronnos unha foto. Agora, como tarefa, temos que escribir unha redacción contando ao noso xeito como vivimos a actividade...Ás catro mellores vanlles premiar con produtos de hixiene!!!...