Páginas

sábado, 28 de noviembre de 2020

VISITA DA NAI DE LÚA 5º A

Ofelia Gaitán Palacios naceu en Managua, Nicaragua o ano 1976. Estudou na Universidade Centroamericana (UCA) a licenciatura en Ecoloxía e Recursos Naturais. Realizou unha mestría en Desenrolo na Universidade Nacional Agraria(UNA) e estudou unha especialidade en Desenrolo Turístico Rural na Universidade de Ciencias Comerciais (UCC), así como diferentes postgraos en temas de medio ambiente e desenrolo rural. Participou en diferentes congresos, cursos e pasantías a nivel internacional en países como Guatemala, Costa Rica, El Salvador, Chile e España. Foi coordinadora de proxectos e desenrolo sostible en comunidades vulnerabeis, ademais de xerente nunha Reserva Silvestre en Nicaragua, tamén como coordinadora técnico-administrativa en proxectos de investigación científica, principalmente con especies de tartarugas mariñas e aves migratorias e residentes en Nicaragua. Desde o ano 2818 é investigadora en proxectos puntuais para SEO/Birdlife en Galicia cunha especie vulnerable, a píllara das dunas, na zona da Comarca do Barbanza(A Coruña) e colaaboradora en actividades de sensibilización ambiental, manexo de redes sociais e investigación para o capítulo da SEO/Birdlife-GrupoLocal Pontevedra.  



25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO