Páginas

domingo, 25 de mayo de 2025

OS NOSOS BOSQUES

 

Charla sobre os nosos bosques. A rica variedade de flora que nos arrodea e o preciso do seu coidado.

ECO

Esta semana tivemos unha visita ben especial. A nosa cooperativa "Ecopegada", invitou a Olga, a persoa que leva a protectora de animais do concello de Cambados, para presentarlle o noso traballo e manifestarlle a intención de que, a metade da recadación que consigamos vai ir adicada a axudala. Pero non veu soa, acompañábaa unha gatiña que nos roubou o corazón e algunha que outra bágoa desde o momento en que a coñecemos. Nin sequera tiña nome. Eco, así se chama agora.
NON AO MALTRATO ANIMAL!!!
 

ESCAPE ROOM 6º E 5º

Baixo a premisa de "Hai que liberar a Rati" investigamos e logramos o obxectivo.

ESCAPE ROOM en 5º B

Rati foi secuestrada...así a liberaron as nenas e os nenos, pescudando como auténticas e auténticos descifradores de códigos.

PLAN DIRECTOR

Como enfrontarse ao acoso, como axudar a quen o está a padecer, como detectalo e como ter coidado nas redes. Esta foi a temática do Plan Director deste curso para o alumnado de 5º.

POLOS CREATIVOS

 

Un novo xeito de aprender.