Páginas

viernes, 10 de febrero de 2017

DEPORTE ESCOLAR 2017

Os alumnos e alumnas de 5º competiron hoxe, no Deporte Escolar, cos compañeiros e compañeiras do Colexio San Francisco de Vilagarcía. Como sempre, unha boa experiencia! Hoxe visitáronnos os nenos e nenas do colexio de Nantes. Deporte en boa compaña... Os nenos e nenas de 5º competiron, o pasado martes 21, cos alumnos e alumnas do CEIP Noalla- Telleiro. Unha mañá chea de deporte, emocións e boa compaña. O pasado 25 de xaneiro os compañeiros e compañeiras de 6º fomos ao CEIP O Cruceiro de Vilalonga para participar, un curso máis, no Deporte Escolar. Balonmán, bádminton, baloncesto, brilé, fútbol sala e xadrez...toda unha competición...e momentos compartidos con nenos e nenas doutros centros. O vindeiro 21 deste mes virán os alumnos e alumnas do CEIP Noalla-Telleiro ao noso colexio. Esta vez tócalle aos/ás de 5º.Esperamos que estedes aí animándonos!!!

viernes, 3 de febrero de 2017

SEMENTANDO

Fai unha ensalada??? Os primeiros feixóns!!! O primeiro tulipán... E medran!!! Os nenos e nenas de 5º A e 5º B estivemos sementando. Patacas, leituga, amorodos, feixóns, millo, cebolas, rosas,xeraniós, tulipáns...toda unha plantación que esperamos que prospere. Xa vos contaremos!!!

miércoles, 1 de febrero de 2017