Páginas

sábado, 26 de octubre de 2019

VISITA AO CAMPIÑO

O pasado luns as e os nenas e nenos de 5º e 6º visitamos a base de extinción de incendios forestais en O Campiño(Pontevedra). Alí a brigada de bombeiros ensináronnos en que consiste o seu labor. Ata practicamos un pouco...e deixáronnos subir no seu helicóptero. Gozamos dunha fantástica mañá acompañados destes homes e mulleres que velan polos nosos montes. Recordade...
 NON TEMOS PLANETA B!!!