Páginas

jueves, 21 de diciembre de 2017

BO NADAL!!!

Os nenos e nenas de 5º e 6º desexámosvos unhas Boas Festas e Próspero Aninovo...
As nosas caixas cheas de boas intencións...que se cumpran para todos e todas!!!

jueves, 14 de diciembre de 2017

MARMELADA DE MAZÁ

Hoxe, Luz, de Horta Agrelo ensinounos como facer marmelada. Desta vez foi de mazá.
Desde os ingredientes, pasando pola cocción até o resultado final.
Mañá colocarémoslle as etiquetas e ...
Lista para o mercadillo!!!
Á rica marmelada de mazá para comela ata pasado máñá...
Bo proveito!!!

miércoles, 18 de octubre de 2017

jueves, 15 de junio de 2017

viernes, 2 de junio de 2017

miércoles, 31 de mayo de 2017

GOLFEANDO!!!

Futuras promesas do golf na súa primeira toma de contacto co deporte. Mañá moi entretida con merendola incluída!

sábado, 29 de abril de 2017

FETÉN FETÉN

Jorge Arribas e Diego Galaz, dous burgaleses co nome artístico de Fetén Fetén, un proxecto musical no que a linguaxe da ialma fanse harmonía...Concerto en Pontevedra onde nos ensinaron instrumentos típicos e outros non tanto...acompañados de bo humor e sorrisos...gozamos dun espectáculo orixinal e inesquecible.

lunes, 3 de abril de 2017

viernes, 10 de febrero de 2017

DEPORTE ESCOLAR 2017

Os alumnos e alumnas de 5º competiron hoxe, no Deporte Escolar, cos compañeiros e compañeiras do Colexio San Francisco de Vilagarcía. Como sempre, unha boa experiencia! Hoxe visitáronnos os nenos e nenas do colexio de Nantes. Deporte en boa compaña... Os nenos e nenas de 5º competiron, o pasado martes 21, cos alumnos e alumnas do CEIP Noalla- Telleiro. Unha mañá chea de deporte, emocións e boa compaña. O pasado 25 de xaneiro os compañeiros e compañeiras de 6º fomos ao CEIP O Cruceiro de Vilalonga para participar, un curso máis, no Deporte Escolar. Balonmán, bádminton, baloncesto, brilé, fútbol sala e xadrez...toda unha competición...e momentos compartidos con nenos e nenas doutros centros. O vindeiro 21 deste mes virán os alumnos e alumnas do CEIP Noalla-Telleiro ao noso colexio. Esta vez tócalle aos/ás de 5º.Esperamos que estedes aí animándonos!!!

viernes, 3 de febrero de 2017

SEMENTANDO

Fai unha ensalada??? Os primeiros feixóns!!! O primeiro tulipán... E medran!!! Os nenos e nenas de 5º A e 5º B estivemos sementando. Patacas, leituga, amorodos, feixóns, millo, cebolas, rosas,xeraniós, tulipáns...toda unha plantación que esperamos que prospere. Xa vos contaremos!!!

miércoles, 1 de febrero de 2017