Páginas

viernes, 23 de diciembre de 2016

BO NADAL!!!

Os compañeiros e compañeiras de 5º e 6º deséxanvos un moi Bo Nadal. Gozade das vacacións!!!

Visita dos Reis Magos

Visitáronnos os Reis Magos. Primeiro entregámoslles as cartas...a ver se nos traen algo porque fomos bastante bos e boas... Máis tarde adícámoslle a nosa particular versión dun tema ben coñecido... e estes Melchor, Gaspar e Balatasar saíronnos con moita marcha...mirade se non...

miércoles, 16 de noviembre de 2016

VISITA AO MARCO

O MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, inicia o último trimestre do ano cunha nova mostra de produción propia nos espazos da planta baixa. Baixo o título MULLERES DO SILENCIO. De Maruja Mallo a Angela de la Cruz, este proxecto presenta unha revisión ou relectura actualizada da exposición A arte inexistente —comisariada por Rosario Sarmiento para o Auditorio de Galicia en 1995—, que reunía obras de artistas mulleres en Galicia no século XX.E alá fomos nós a gozar das creacións destas marabillosas autoras. Grazas a María José e Berta, as nosas monitoras, por adentrarnos deste xeito tan lúdico no mundo da arte contemporánea protagonizada por mulleres.

martes, 18 de octubre de 2016

PLANTAS MEDICINAIS

Ao igual ca os nosos compañeiros e compañeiras de 5º A, nós tamén estamos a traballar as plantas medicinais...logo montaremos un mural xuntos e xuntas...Pasaredes polo noso corredor a miralo? Estades invitados e invitadas!!!

AS NOSAS NORMAS

Os alumnos e alumnas de 5º B elaboramos as nosas normas...quedamos en cumprilas...estanos a ser un pouco complicado...lograrémolo?

miércoles, 8 de junio de 2016

lunes, 30 de mayo de 2016

MARCHAMOS A MANZANEDA!!!

Maletas cheas de roupa, pero tamén de alegría, nervios, felicidade, emoción, ilusión, gañas...MARCHAMOS A MANZANEDA!!! Vémonos á volta!!!

viernes, 27 de mayo de 2016

OS TEATREIROS E TEATREIRAS DE 5º

Os compañeiros e compañeiras de 5º representaron hoxe dúas obras..."Os animais abandonados" e "Mamasiña, que medo!"...Houbo teatro, tamén baile e finalizamos cun poema de Manuel María musicado...gozosa mañá!!!

miércoles, 27 de abril de 2016

DEPORTE ESCOLAR 5º

Hoxe celebramos outro encontro de deporte escolar... esta vez nin máis min menos que co CEIP As Covas de Meaño...Todo un "derby" !!!

miércoles, 16 de marzo de 2016

DEPORTE ESCOLAR 6º B

6º B e os alumnos e alumnas do CEIP Enrique Piñeiro Barreiro de Vilariño dándoo todo nunha competición máis do deporte escolar.

viernes, 26 de febrero de 2016

EUROPA EN 3D

Aí andamos en 6º B tentando facer un mapa físico en 3D. A ver que tal, xa vos amosaremos o resultado!!!

miércoles, 24 de febrero de 2016

DEPORTE ESCOLAR 5º

Os compañeiros e as compañeiras de 5º competiron hoxe cos nenos e nenas do CEIP "As Bizocas" de O Grove no Depoorte Escolaer. Como sempre, houbo un pouco de todo, bádmington, baloncesto, fútbol, xadrez... Unha experiencia, sempre, gratificante, esta de combinar o deporte co coñecemento de rapaces e rapazas doutros lugares.

jueves, 18 de febrero de 2016

PLAN DIRECTOR: VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe tivemos outra das charlas previstas para este curso do Plan Director, esta vez adicada á violencia de xénero, un mal tan extendido na sociedade actual e que tan presente está, por desgraza, na actualidade. Aprendemos a diferenzar entre violencia de xénero e violencia doméstica, o importante que é a educación na igualdade, a denuncia aos maltratadores , a axuda ás vítimas...

miércoles, 17 de febrero de 2016

Obradoiro de papiroflexia impartido por Javi.

Hoxe, pola tarde, tivemos o noso primeiro obradoiro. Javi, o noso "profe", ensinounos como, pregando dous folios de cores, podiamos facer unha caixiña moi xeitosa...animádesvos e facedes unha???

lunes, 8 de febrero de 2016

Contra o maltrato animal!!!

Aínda que o Entroido é festa de troula, os nenos e nenas de 6º quixemos manifestar o noso desacordo co maltrato que sofren os animais, así creamos uns lemas cos que pretendemos que as persoas se conciencien do importante que é que o tratamento que se lle dé aos animais en calquera ámbito sexa o axeitado...TODOS E TODAS CONTRA O MALTRATO ANIMAL!!!

sábado, 6 de febrero de 2016

Preparándornos para o desfile!

Os e as alumnas de 6º B ultimando os preparativos para o desfile...

Cuchipanda!!!

Despois de desfilar e troular, as forzas hai que recuperar!!! Orellas, filloas, chulas, rosquillas...doces desta época do ano que tan amablemente trouxeron os nenos e as nenas para compartires...CUCHIPANDAZA!!!

Desfile Entroido 2016

Elefantes, cazadores cazados, exploradores e exploradoras, manifestantes...os alumnos e alumnas de 5º e 6º desfilaron amosando aos compañeiros e compañeiras a súa especial interpretación deste "Entroido dos animais".

Comandas do Entroido

Estes e estas alumnos e alumnas ben aplicados e aplicadas, seguiron o comandado!!!

domingo, 31 de enero de 2016

PLAN DIRECTOR. NOVAS TECNOLOXÍAS

O pasado xoves asistimos a unha das charlas do Plan Director deste curso, adicada, esta vez ás novas tecnoloxías.

sábado, 30 de enero de 2016

Colombofilia

O Día 29 celebramos o Día da Paz con distintas actividades...comezamos cunha charla sobre colombofilia...moi interesante!!!

Danza da Paz e solta de pombas.

Algunhas parellas da danza pola Paz e a solta de pombas.

Mensaxes de PAZ

Onte celebramos o Día da Paz...estas son algunhas das mensaxes coas que decoramos as árbores do noso corredor.

jueves, 21 de enero de 2016

Reciclaxe

Onte tivemos no centro unhas charlas sobre a reciclaxe...os tres "R"...Os alumnos e alumnas aprendemos unha vez máis o importante que é coidar o medio ambiente...O NOSO PLANETA, O NOSO FUTURO!!!