Páginas

viernes, 22 de mayo de 2015

lunes, 18 de mayo de 2015

5º B TRABALLA A FILGUEIRA VALVERDE

O venres, despois de ter lida a biografía de Filgueira Valverde ao que se lle adicou este ano o Día das Letras Galegas, os alumnos e alumnas de 5º B baixamos ao corredor onde estan expostos os carteis sobre a súa vida e obra para buscar a información e completar unhas fichas. Aquí nos tedes traballando.

jueves, 14 de mayo de 2015

"PERIPLO ATLÁNTICO"

O Concello, con motivo da celebración do día das Letras Galegas, agasallounos cunha actividade de teatro titulada "Periplo Atlántico". O Grupo chamado Polo Correo do Vento é un colectivo especializado en actividades pensadas para o público máis novo co fin de promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e expresión artística das nenas e nenos.Cada actividade dos Contos Ilustrados divídese en tres bloques, nos cales desenrolan unha temática didáctica de xeito lúdico. Primeiramente, Enrique Mauricio argalla unha historia de xeito oral,nesta ocasión a dun pingüín chamado Panchito, namentres Carlos Taboada debuxa un mural in situ, vencellado ó conto. Despois, espallan no seu contido a través duha rolda de prensa coa axuda dos dous.Para rematar, entre todas e todos, debuxamos a Panchito, guiados por Carlos Taboada, pasiño a pasiño, e o máis importante: sen medo ningún!!

miércoles, 6 de mayo de 2015

DEPORTE ESCOLAR EN PORTONOVO

Desta vez os compañeiros e compañeiras de 5º marcharon a Portonovo para a última competición de deporte escolar deste curso...Ata o vindeiro!!!