Páginas

jueves, 14 de mayo de 2015

"PERIPLO ATLÁNTICO"

O Concello, con motivo da celebración do día das Letras Galegas, agasallounos cunha actividade de teatro titulada "Periplo Atlántico". O Grupo chamado Polo Correo do Vento é un colectivo especializado en actividades pensadas para o público máis novo co fin de promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e expresión artística das nenas e nenos.Cada actividade dos Contos Ilustrados divídese en tres bloques, nos cales desenrolan unha temática didáctica de xeito lúdico. Primeiramente, Enrique Mauricio argalla unha historia de xeito oral,nesta ocasión a dun pingüín chamado Panchito, namentres Carlos Taboada debuxa un mural in situ, vencellado ó conto. Despois, espallan no seu contido a través duha rolda de prensa coa axuda dos dous.Para rematar, entre todas e todos, debuxamos a Panchito, guiados por Carlos Taboada, pasiño a pasiño, e o máis importante: sen medo ningún!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario