Páginas

viernes, 26 de febrero de 2016

EUROPA EN 3D

Aí andamos en 6º B tentando facer un mapa físico en 3D. A ver que tal, xa vos amosaremos o resultado!!!

miércoles, 24 de febrero de 2016

DEPORTE ESCOLAR 5º

Os compañeiros e as compañeiras de 5º competiron hoxe cos nenos e nenas do CEIP "As Bizocas" de O Grove no Depoorte Escolaer. Como sempre, houbo un pouco de todo, bádmington, baloncesto, fútbol, xadrez... Unha experiencia, sempre, gratificante, esta de combinar o deporte co coñecemento de rapaces e rapazas doutros lugares.

jueves, 18 de febrero de 2016

PLAN DIRECTOR: VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe tivemos outra das charlas previstas para este curso do Plan Director, esta vez adicada á violencia de xénero, un mal tan extendido na sociedade actual e que tan presente está, por desgraza, na actualidade. Aprendemos a diferenzar entre violencia de xénero e violencia doméstica, o importante que é a educación na igualdade, a denuncia aos maltratadores , a axuda ás vítimas...

miércoles, 17 de febrero de 2016

Obradoiro de papiroflexia impartido por Javi.

Hoxe, pola tarde, tivemos o noso primeiro obradoiro. Javi, o noso "profe", ensinounos como, pregando dous folios de cores, podiamos facer unha caixiña moi xeitosa...animádesvos e facedes unha???

lunes, 8 de febrero de 2016

Contra o maltrato animal!!!

Aínda que o Entroido é festa de troula, os nenos e nenas de 6º quixemos manifestar o noso desacordo co maltrato que sofren os animais, así creamos uns lemas cos que pretendemos que as persoas se conciencien do importante que é que o tratamento que se lle dé aos animais en calquera ámbito sexa o axeitado...TODOS E TODAS CONTRA O MALTRATO ANIMAL!!!

sábado, 6 de febrero de 2016

Preparándornos para o desfile!

Os e as alumnas de 6º B ultimando os preparativos para o desfile...

Cuchipanda!!!

Despois de desfilar e troular, as forzas hai que recuperar!!! Orellas, filloas, chulas, rosquillas...doces desta época do ano que tan amablemente trouxeron os nenos e as nenas para compartires...CUCHIPANDAZA!!!

Desfile Entroido 2016

Elefantes, cazadores cazados, exploradores e exploradoras, manifestantes...os alumnos e alumnas de 5º e 6º desfilaron amosando aos compañeiros e compañeiras a súa especial interpretación deste "Entroido dos animais".

Comandas do Entroido

Estes e estas alumnos e alumnas ben aplicados e aplicadas, seguiron o comandado!!!