Páginas

sábado, 29 de diciembre de 2018

sábado, 15 de diciembre de 2018

viernes, 7 de diciembre de 2018

OBRADOIRO DE FLORES DE PAPEL

O pasado luns, Mercedes Casado, unha mamá do cole veu a ensinarnos como facer flores de papel, velaquí o resultado. Graciñas, Mercedes!

jueves, 1 de noviembre de 2018

SAMAÍN!!!

Chegou o Samaín. As e os nenas e nenos de 5º e 6º celebrámolo cos nosos disfraces máis terroríficos...a que damos medo??? 067 064 062 061

 O venres, os/as compañeiros/-as de 5º celebraron unha pequena festa na aula...máis troula!!!


  FESTA DE SAMAÍN EN 5º

miércoles, 26 de septiembre de 2018

GOZANDO DA ESTRUTURA

O pasado venres os/as nenos/as de 5º saímos gozar da estrutura, primeiro grande paso para a reforma do noso patio.

domingo, 10 de junio de 2018

A VIAXE DO PROA

Neste curso as e os nenas e nenos que asistiron ao PROA proxectaron unha viaxe, neste caso a Italia...queredes saber o que facer ou canto teredes que gastar para visitar ese fermoso país? Velaqui a información que precisades.

miércoles, 23 de mayo de 2018

VISITA AO IES

O luns fomos de visita ao IES para coñecer de primeira man un pouco de como será o noso vindeiro curso.

martes, 1 de mayo de 2018

BECHOS E BECHOCOS

Onte visitounos o bíólogo, mestre composteiro, entomólogo... entroutras facetas, Manuel Domínguez, que, dentro das actividades de Voz Natura programadas para este curso, ofreceunos información e formación sobre os bechos que podemos atopar nas nosas hortas e cultivos e o xeito de recoñecelos para saber dos seus beneficios e/ou prexuizos.

jueves, 26 de abril de 2018

DEPORTE ESCOLAR ABRIL

Mañá de convivencia deportiva cos/as nenos e nenas de As Bizocas. Moito deporte en boa compaña!

PINTANDO PEDRAS

Onte, pola mañá, os e as compañeiros ecompañeiras de 6º gozamos dun obradoiro de pintura sobre pedra. Coloreamos a nosa "pedra máxica" á que incluso lle poderemos pedir desexos...foi unha actividade moi agradable e zen... Como podedes comprobar, unha actividade moi relaxante... Tan relaxante que houbo momentos en que só se escoitaban as nosas respiracións e o rechouchío dos paxaros...

Deporte na Escola 5ºB

O mércores 25, celebramos no noso centro a última xornada de Deporte na Escola alevín. Esta vez foi o turno de 5ºB, o visitante foi o alumnado do CEIP Bizocas. A xornada estivo marcada polo bo ambiente.

Deporte na Escola 4º

O pasado martes 24 nos desprazamos ata o CEIP de Bizocas no Grove, onde se celebrou a cuarta e última xornada benxamín de Deporte na Escola. Alí participou o alumnado de 4º de primaria. Desfrutamos dunha xornada moi soleada e deportiva.

domingo, 15 de abril de 2018

PUBLICITANDO O NOSO PRODUTO

Colofón ao traballo de Sociais no que creamos unha empresa pensando nas nosas mascotas, publicitar o noso produto. Velaquí algúns resultados:

viernes, 9 de marzo de 2018

SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA

Co gaio da celebración da Semana da Prensa na escola as e os nenas e nenos de 6º B estiveron tentando ser xornalistas creando o seu propio rotativo. Foron horas de intenso e divertido traballo cun final moi logrado.

miércoles, 28 de febrero de 2018

DEPORTE ESCOLAR 6º B

Onte tocounos ir a Portonovo e compartir, cos e coas compañeiros e compañeiras de 6º do seu colexio, unha mañá deporte e convivencia nunha xornada máis do Deporte Escolar programada para este curso.

sábado, 10 de febrero de 2018

ENTROIDO 2018

ROCKEIROS E ROCKEIRAS...AQUELAS ESCOLAS, AQUELES MESTRAS E MESTRES...DESFILE...ACTUACIÓN...DEGUSTACIÓN...FESTA DE ENTROIDO A TOPE!!!

lunes, 29 de enero de 2018

1ªJ. Deporte na Escola 3ºA

Esta semana foi o turno do Deporte na Escola, se o mércores foi o turno de 6ºA; o martes 23 foi o día do alumnado de 3ºA. Todos e todas puideron desfrutar dunha xornada deportiva do máis animada. Como visitantes viñeron o martes o CEIP O Cruceiro de Vilalonga e o mércores o CEIP Noalla Telleiro. Ambas xornadas estiveron marcadas pola gran participación de todo o alumnado, reinando a deportividade e xogo limpo no terreo de xogo. Nos próximos meses será o turno do resto de grupos de 3º, 4º, 5º e 6º. Nas imaxes o alumnado de terceiro e cos visitantes.

miércoles, 24 de enero de 2018

DEPORTE ESCOLAR 2018 6º A

Hoxe os compañeiros e compañeiras de 6º A participaron no Deporte Escolar xunto cos nenos e nenas chegados/as de Noalla. Mañá deportiva!