Páginas

miércoles, 23 de diciembre de 2015

martes, 22 de diciembre de 2015

Cantando e bailando cos Magos...

Melchor, Gaspar e Baltasar "botando un pé" cos alumnos e alumnas de 5º...

Ritmo sabroso!!!

Fantástica interpretación dos alumnos e alumnas de 5º e 6º da peza "Ritmo sabroso" no festival de Nadal!!!
 

sábado, 19 de diciembre de 2015

Curso de mediadores 2015-2016

Os e as participantes no curso de mediadores/-as 2015- 2016 recibiron un diploma de mans do orientador do centro, Roberto e a directora, Cuca.

A visita dos Reis Magos

E alá fomos, coas nosas cartas...fomos bos...esperamos algún agasallo!!!

Festivalazo!!!

Asistimos,presentamos e participamos no festival...tocamos ata o acordeón!!!

sábado, 12 de diciembre de 2015

PAN DIRECTOR. ACOSO ESCOLAR

O pasado xoves os alumnos e alumnas de 5º e 6º asistimos á primeira charla do Plan Director programada para este curso. O tema foi o acoso escolar ou "bulling".

miércoles, 25 de noviembre de 2015

REFUXIO DE CAMBADOS

Hoxe tivemos a primeira sesión do Proxecta que consistíu nunha visita moi esperada e uns invitados moi especiais. Aprendemos a diferenza entre un refuxio e unha canceira, a responsabilidade que supón ter un can,cadela ou outro animal como mascota, como debemos acercarnos a un can, como evitar que nos poida facer dano e escoitamos tamén historias emotivas e emocionantes, contadas por Olga, de cans e cadelas que atoparon o seu fogar moi lonxe ou moi preto, ou que saíron adiante a pesares de que todo indicaba o contrario, e de como, eses mesmos animais, están agora axudando á xente a saír adiante de situacións difíciles ou simplemente da enorme compañía que supón ter un deles ao teu lado... Un amigo ou amiga incondicional que, como Máquina, dao todo por quen, simplemente, lle ofrece o seu cariño.

jueves, 29 de octubre de 2015

6º B...Samaín e naturais...

Si, porque hoxe houbo festa... pero tamén, clase!

Quen dixo medo???

En 5º e 6º celebramos un Samaín combinado...esqueletos tocando as maracas, arañas, caroutas de medo, cabazas..e nós, os nenos e nenas, meténdonos sustos e disfrutando dun día... teneboroso!!!

jueves, 8 de octubre de 2015

Novo curso

Ola a todos e todas!!! Aquí estamos un curso máis...para algúns e algunhas de nós será o noso último curso no cole...e para os outros e outras o primeiro neste corredor de 5º e 6º...Esperamos que sexa un bo ano escolar para todos e todas...Vémonos!!!

sábado, 20 de junio de 2015

FIN DE CURSO EN 5º E 6º

Por fin chegaron, as tan desexadas vacacións. Tivemos unha mañá chea de acontecementos, a graduación dos peques de 5 anos, a entrega dos premios ás lectoras e aos lectores olímpicos, a graduación dos maiores de 6º, o baile, "Maruxa", unha coreografía das nenas e nenos de 6º adicada a todas e todos...e despois...FESTAZA!!!...Compartimos, divertímonos, emocionámonos, xogamos, visitamos, agradecemos, bicamos, abrazamos...e pasámolo en grande...A todas e a todos, as nenas e nenas...PASADE UN BO VERÄN!!!
Chicas e chicos de 6º, levádesvos un anaquiño do noso corazón, non olvidedes que estaremos por aquí para o que precisedes...PARABÉNS!!!

viernes, 22 de mayo de 2015

lunes, 18 de mayo de 2015

5º B TRABALLA A FILGUEIRA VALVERDE

O venres, despois de ter lida a biografía de Filgueira Valverde ao que se lle adicou este ano o Día das Letras Galegas, os alumnos e alumnas de 5º B baixamos ao corredor onde estan expostos os carteis sobre a súa vida e obra para buscar a información e completar unhas fichas. Aquí nos tedes traballando.

jueves, 14 de mayo de 2015

"PERIPLO ATLÁNTICO"

O Concello, con motivo da celebración do día das Letras Galegas, agasallounos cunha actividade de teatro titulada "Periplo Atlántico". O Grupo chamado Polo Correo do Vento é un colectivo especializado en actividades pensadas para o público máis novo co fin de promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e expresión artística das nenas e nenos.Cada actividade dos Contos Ilustrados divídese en tres bloques, nos cales desenrolan unha temática didáctica de xeito lúdico. Primeiramente, Enrique Mauricio argalla unha historia de xeito oral,nesta ocasión a dun pingüín chamado Panchito, namentres Carlos Taboada debuxa un mural in situ, vencellado ó conto. Despois, espallan no seu contido a través duha rolda de prensa coa axuda dos dous.Para rematar, entre todas e todos, debuxamos a Panchito, guiados por Carlos Taboada, pasiño a pasiño, e o máis importante: sen medo ningún!!

miércoles, 6 de mayo de 2015

DEPORTE ESCOLAR EN PORTONOVO

Desta vez os compañeiros e compañeiras de 5º marcharon a Portonovo para a última competición de deporte escolar deste curso...Ata o vindeiro!!!

jueves, 26 de marzo de 2015

DEPORTE ESCOLAR 6º

Onte tivemos a visita dos compañeiros e compañeiras do CEIP As Covas que viñeron disfrutar dunha mañá de deporte escolar connosco. Aquí tedes algunhas instantáneas do acontecido.

viernes, 20 de marzo de 2015

FINCA DE BRIZ: UN PARQUE DOS SENTIDOS CON BOSQUE ENCANTADO

O mércores 18, despois de asistir ao conceto de Odaiko marchamos ao Parque dos Sentidos en Marín. Alí comemos, practicamos a percusión...e, fartámonos de xogar!!!

CONCERTO DE ODAIKO PERCUSSION GROUP

O pasado mércores, 18 de marzo, os alumnos e alumnas de 5º e 6º fomos a un concerto dun grupo musical chamado Odaiko Percussion Group.A proposta artística deste grupo galego céntrase na exploración da música tradicional multiétnica, na súa variante percusiva, faceta pouco traballada pola dificultade que supón a diversidade técnico-musical. No seu espectáculo puidemos escoitar instrumentos de orixe latinoamericana (congas, bongos, maracas, caixón), galegos (bombo, pratos, tamboril, tarrañolas) e instrumentos de creación posterior como a marimba, vibráfono ou batería. Ata bailamos ao seu son...encantounos!!!

sábado, 28 de febrero de 2015

24 d febreiro, día de Rosalía de Castro

O martes, 24 de febreiro, os alumnos e alumnas de 5ºA estivemos coñecendo un pouco máis á autora Rosalía de Castro; fixemos actividades LIM coa biografía e obra da escritora, escoitamos adaptacións musicais dos seus poemas, lemos e coloreamos unha banda deseñada sobre a súa relación coa nosa lingua... aquí tedes algunhas fotos...

martes, 24 de febrero de 2015

Deporte Escolar 6º

Hoxe celebramos outra xornada de deporte escolar. Esta vez os protagonistas foron os compañeiros e compañeiras de 6º e os "contrincantes" os alumnos e alumnas de Noalla...Unhas instantáneas dunha mañá ben deportiva...

lunes, 16 de febrero de 2015

Entroido 2015

Aquí tedes as fotos do noso entroido...desde as consignas ata o venres, día da festa rachada, na que ademais degustamos os saborosísimos postres típicos que trouxemos ao cole para compartir cos nosos compañeiros e compañeiras...

jueves, 5 de febrero de 2015

DÍA DA NON VIOLENCIA NA ESCOLA E A PAZ

O pasado venres,como xa sabedes, celebrouse o Día da Non Violencia na Escola e a Paz...e os alumnos e alumnas de 5º e 6º participaron na conmemoración coa elaboración duns murais onde se traballaron distintos aspectos e persoas relacionadas con este tema...desde un poema de García Teijeiro,pasando por cambios de titulares de noticias dos xornais, distintas persoas ás que se lle concedeu o Nobel da Paz e, como non, Malala, a muller máis nova á que se lle concedeu este premio(no ano 2014) pola defensa que fai, aínda poñendo en perigo a súa vida, do dereito á educación da muller en todo o mundo...aquí tedes algunhas fotos de como traballaron e o desexo de Paz que, todos os compañeiros e compañeiras,destes niveis, vos queren adicar.

miércoles, 28 de enero de 2015

Deporte escolar 5º

Hoxe foi un día cheo de deporte...os compañeiros e compañeiras de 5º competiron cos alumnos e alumnas do CEIP de Vilalonga...houbo badmington, brilé, balonmán,baloncesto, fútbol e... xadrez!!! Os demais nenos e nenas do centro acudiron ao pavillón á animar e a aplaudir a rabiar...menuda festa! Xa no tempo de recreo...merenda e xogos...que máis se pode pedir?

martes, 27 de enero de 2015

Teatro "Low Cost"

O pasado 15 de xaneiro, os alumnos e alumnas de 5º e 6º asistimos, no Teatro Principal de Pontevedra, á representación da obra, en inglés, "Low cost", a historia dunha chica e un chico que traballan para atopar un lugar no mundo da moda...todo iso aderezado cunha boa dose de humor, cancións, bailes, pases de moda e ata...un bico!!!