Páginas

viernes, 20 de marzo de 2015

CONCERTO DE ODAIKO PERCUSSION GROUP

O pasado mércores, 18 de marzo, os alumnos e alumnas de 5º e 6º fomos a un concerto dun grupo musical chamado Odaiko Percussion Group.A proposta artística deste grupo galego céntrase na exploración da música tradicional multiétnica, na súa variante percusiva, faceta pouco traballada pola dificultade que supón a diversidade técnico-musical. No seu espectáculo puidemos escoitar instrumentos de orixe latinoamericana (congas, bongos, maracas, caixón), galegos (bombo, pratos, tamboril, tarrañolas) e instrumentos de creación posterior como a marimba, vibráfono ou batería. Ata bailamos ao seu son...encantounos!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario