Páginas

miércoles, 16 de noviembre de 2016

VISITA AO MARCO

O MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, inicia o último trimestre do ano cunha nova mostra de produción propia nos espazos da planta baixa. Baixo o título MULLERES DO SILENCIO. De Maruja Mallo a Angela de la Cruz, este proxecto presenta unha revisión ou relectura actualizada da exposición A arte inexistente —comisariada por Rosario Sarmiento para o Auditorio de Galicia en 1995—, que reunía obras de artistas mulleres en Galicia no século XX.E alá fomos nós a gozar das creacións destas marabillosas autoras. Grazas a María José e Berta, as nosas monitoras, por adentrarnos deste xeito tan lúdico no mundo da arte contemporánea protagonizada por mulleres.