Páginas

sábado, 16 de noviembre de 2024

MAGOSTO

Día de castañada, xogos por estacións co alumnado de 6º como garante das normas.E, despois, degustación deste rico manxar, castañiñas asadas...

CARREIRA CAMPO A TRAVÉS

Chegou novembro, o mes no que marchamos a Montalvo, xunto con outros moitos centros, a participar na carreira campo a través. Moito frío, pero esquécese pronto. Triunfos e, sobre todo, unha mañá rodeados de nenas e nenos coma nós que imos gozar do deporte nun entorno natural e fermoso.

DEPOEMPRENDE

Despois de ser admitidos neste programa, toca por en marcha esta iniciativa, crear a nosa cooperativa. Tivemos antes que elixir os nosos representates administrativos. Presentamos candidaturas e,despois das votacións, xa temos configurada a parte que nos representará. Queda moito por facer, emprendemos o noso camiño...










 

miércoles, 6 de noviembre de 2024

XOGOS POPULARES E MOSQUITOS

Esta pasado luns o alumnado de 5º de Primaria desprazouse a Nantes para participar nos Xogos tradicionais promovidos polo XOGADE. Petanca, billarda, birlos, chave e...mosquitos, si, escoitades ben, gozamos dunha non agradable compaña. Unha chea de contundentes mosquitos que nos quixeron deixar a súa pegada...en fin...unha mañá, divertida e picoteada.

 

sábado, 2 de noviembre de 2024

SAMAÍN

Comezamos as celebracións por todo o alto co Samaín que tanto gozamos, ataviadas e ataviados, terroríficas e terrorícos, e ese túnel do medo...

DO YOU SPEAK ENGLISH?

Campamento de inglés nos Peares, no Centro de Inmersión Lingüística e Formación en Idiomas. Unha semana practicando a lingua de Shakespeare. Toda unha aventura para as compañeiras e compañeiros de 6º que aló quixeron estar.

ALÁ IMOS CURSO 2024-2025

Despois dunhas merecidas vacacións iniciamos un novo curso. Cheas e cheos de enerxías renovadas, cun pouco de incertidume e outro pouco de ilusión.