Páginas

domingo, 19 de octubre de 2025

O TRABALLO DE PRODUCIR

Da man da produtora audiovisual Gael Herrara, promovida pola Deputación de Pontevedra e auspiciada polo Concello de Meaño, coñecemos un pouco más de preto as entretelas da produción. Unha charla moi "produtiva"!

A CORRER TOCA!!!

Montalbo, carreiras, coma todos os cursos acudimos á primeira cita co deporte.

XUBILACIÓN DE SANTI

Despois de tantos anos de traballo a Santi tócalle descansar e disfrutar da súa xubilosa xubilación.Prepárámoslle unha despedida sorpresa cheíña de emoción para todas e todos. Botarémolo de menos!!!

SCAPE ROOM

Comezan as aventuras artísticas! A primeira, un scape room moi divertido.

COMEZAMOS UN ARTÍSTICO CURSO

Pasadas as ansiadas vacacións por aquí andamos, un pouco polas nubes, porque afacerse á rutina custa un pouco ao principio. Este curso será o último para moitos de nós. Da man da arte, aló imos curso 25-26!!!

 

sábado, 14 de junio de 2025

PAINTBALL EN O GROVE

 

Este ano a saída fin de curso do 5º nivel, fixémola ben preto de aquí, en O Grove. Da man de Adrenalicia pasamos unha mañá chuviosa pero moi divertida, xogando, sen máis.

domingo, 8 de junio de 2025

XA DE VOLTA

Finalizados os tres días de convivencia como remate ao noso paso pola Primaria. Cansas e cansos pero felices, o tempo non nos acompañou pero aínda así pagou a pena.

MERCADILLO ECOEMPRENDE EN PONTEVEDRA

 

Chegou o día en que fomos vender os produtos fabricados na nosa coorperativa Ecopegada a Pontevedra. Acudimos as chicas e os chicos de 5º xa que as compañeiras e compañeiros de 6º estaban de excursión de fin de curso. Compartimos espazo con máis nenas e nenos doutros centros , foi unha mañá de trafego e traballo. Algúns cartiños fixemos e voltamos contentas e contentos polo noso ben facer. Démonos conta de canta xente hai polo mundo disposta a botar unha man cando se precisa.

miércoles, 4 de junio de 2025

PLAN DIRECTOR COIDADO DA NATUREZA

 

Coidar da nosa contorna, valorar a natureza como un tesouro que debemos respectar... Nós, as xeracións do futuro, adquirimos o compromiso de termar desta nosa Terra. Recordade que NON TEMOS PLANETA B!!!

domingo, 25 de mayo de 2025

OS NOSOS BOSQUES

 

Charla sobre os nosos bosques. A rica variedade de flora que nos arrodea e o preciso do seu coidado.