Páginas

jueves, 26 de marzo de 2015

DEPORTE ESCOLAR 6º

Onte tivemos a visita dos compañeiros e compañeiras do CEIP As Covas que viñeron disfrutar dunha mañá de deporte escolar connosco. Aquí tedes algunhas instantáneas do acontecido.

viernes, 20 de marzo de 2015

FINCA DE BRIZ: UN PARQUE DOS SENTIDOS CON BOSQUE ENCANTADO

O mércores 18, despois de asistir ao conceto de Odaiko marchamos ao Parque dos Sentidos en Marín. Alí comemos, practicamos a percusión...e, fartámonos de xogar!!!

CONCERTO DE ODAIKO PERCUSSION GROUP

O pasado mércores, 18 de marzo, os alumnos e alumnas de 5º e 6º fomos a un concerto dun grupo musical chamado Odaiko Percussion Group.A proposta artística deste grupo galego céntrase na exploración da música tradicional multiétnica, na súa variante percusiva, faceta pouco traballada pola dificultade que supón a diversidade técnico-musical. No seu espectáculo puidemos escoitar instrumentos de orixe latinoamericana (congas, bongos, maracas, caixón), galegos (bombo, pratos, tamboril, tarrañolas) e instrumentos de creación posterior como a marimba, vibráfono ou batería. Ata bailamos ao seu son...encantounos!!!