Páginas

miércoles, 25 de noviembre de 2015

REFUXIO DE CAMBADOS

Hoxe tivemos a primeira sesión do Proxecta que consistíu nunha visita moi esperada e uns invitados moi especiais. Aprendemos a diferenza entre un refuxio e unha canceira, a responsabilidade que supón ter un can,cadela ou outro animal como mascota, como debemos acercarnos a un can, como evitar que nos poida facer dano e escoitamos tamén historias emotivas e emocionantes, contadas por Olga, de cans e cadelas que atoparon o seu fogar moi lonxe ou moi preto, ou que saíron adiante a pesares de que todo indicaba o contrario, e de como, eses mesmos animais, están agora axudando á xente a saír adiante de situacións difíciles ou simplemente da enorme compañía que supón ter un deles ao teu lado... Un amigo ou amiga incondicional que, como Máquina, dao todo por quen, simplemente, lle ofrece o seu cariño.