Páginas

jueves, 26 de abril de 2018

DEPORTE ESCOLAR ABRIL

Mañá de convivencia deportiva cos/as nenos e nenas de As Bizocas. Moito deporte en boa compaña!

PINTANDO PEDRAS

Onte, pola mañá, os e as compañeiros ecompañeiras de 6º gozamos dun obradoiro de pintura sobre pedra. Coloreamos a nosa "pedra máxica" á que incluso lle poderemos pedir desexos...foi unha actividade moi agradable e zen... Como podedes comprobar, unha actividade moi relaxante... Tan relaxante que houbo momentos en que só se escoitaban as nosas respiracións e o rechouchío dos paxaros...

Deporte na Escola 5ºB

O mércores 25, celebramos no noso centro a última xornada de Deporte na Escola alevín. Esta vez foi o turno de 5ºB, o visitante foi o alumnado do CEIP Bizocas. A xornada estivo marcada polo bo ambiente.

Deporte na Escola 4º

O pasado martes 24 nos desprazamos ata o CEIP de Bizocas no Grove, onde se celebrou a cuarta e última xornada benxamín de Deporte na Escola. Alí participou o alumnado de 4º de primaria. Desfrutamos dunha xornada moi soleada e deportiva.

domingo, 15 de abril de 2018

PUBLICITANDO O NOSO PRODUTO

Colofón ao traballo de Sociais no que creamos unha empresa pensando nas nosas mascotas, publicitar o noso produto. Velaquí algúns resultados: