Páginas

sábado, 28 de febrero de 2015

24 d febreiro, día de Rosalía de Castro

O martes, 24 de febreiro, os alumnos e alumnas de 5ºA estivemos coñecendo un pouco máis á autora Rosalía de Castro; fixemos actividades LIM coa biografía e obra da escritora, escoitamos adaptacións musicais dos seus poemas, lemos e coloreamos unha banda deseñada sobre a súa relación coa nosa lingua... aquí tedes algunhas fotos...

martes, 24 de febrero de 2015

Deporte Escolar 6º

Hoxe celebramos outra xornada de deporte escolar. Esta vez os protagonistas foron os compañeiros e compañeiras de 6º e os "contrincantes" os alumnos e alumnas de Noalla...Unhas instantáneas dunha mañá ben deportiva...

lunes, 16 de febrero de 2015

Entroido 2015

Aquí tedes as fotos do noso entroido...desde as consignas ata o venres, día da festa rachada, na que ademais degustamos os saborosísimos postres típicos que trouxemos ao cole para compartir cos nosos compañeiros e compañeiras...

jueves, 5 de febrero de 2015

DÍA DA NON VIOLENCIA NA ESCOLA E A PAZ

O pasado venres,como xa sabedes, celebrouse o Día da Non Violencia na Escola e a Paz...e os alumnos e alumnas de 5º e 6º participaron na conmemoración coa elaboración duns murais onde se traballaron distintos aspectos e persoas relacionadas con este tema...desde un poema de García Teijeiro,pasando por cambios de titulares de noticias dos xornais, distintas persoas ás que se lle concedeu o Nobel da Paz e, como non, Malala, a muller máis nova á que se lle concedeu este premio(no ano 2014) pola defensa que fai, aínda poñendo en perigo a súa vida, do dereito á educación da muller en todo o mundo...aquí tedes algunhas fotos de como traballaron e o desexo de Paz que, todos os compañeiros e compañeiras,destes niveis, vos queren adicar.