Páginas

martes, 7 de diciembre de 2021

DESEXOS DE NADAL

As nenas e os nenos de 6º comezaron esta semana pensando en que desexar para o vindeiro Nadal, así o plasmaron no mural que preside o noso corredor.


 

sábado, 6 de noviembre de 2021

EN 6º TOMAMOS A PALABRA DAS EMOCIÓNS

Neste curso as e os chicas e chicos de 6º tomamos a palabra das emocións. Pensaremos, riremos, amaremos, esforzarémonos, sorprenderémonos, leremos, xogaremos, disfrutaremos, manifestarémonos, empatizaremos...en fin,as nosas emocións tomarán a palabra, acompañádesnos?

miércoles, 27 de octubre de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA NENA

O pasado xoves, 14 e outubro, as e os nenas e nenos de 5º e 6º asistimos a unha charla sobre o Día Internacional da Nena que se celebra o día 11. O 19 de decembro de 2011 a Asemblea Xeral da ONU declarou o 11 de outubro como o Día Internacional da Nena para recoñecer os dereitos das nenas e os desafíos únicos aos que se enfrontan en todo o mundo, así como promover o seu empoderamento e o cumprimento dos seus dereitos humanos. Na charla coñecemos a realidade de moitas das nenas que habitan o noso planeta. Aprendemos tamén a diferenciar entre o que necesitamos e o que consumimos sen necesidade e moitas cousas máis.

viernes, 23 de abril de 2021

CONTACONTOS NO DÍA DO LIBRO

Hoxe, para celebrar o Día do Libro, asistimos a un contacontos moi especial. A orientadora Lara relatounos unha das historias de "Cuentos en verso para niños perversos"

VISITA DA NUTRICIONISTA

O pasado 13 se abril recibimos a unha nutricionista que, ademais de falarnos do impportante que é alimentarse ben, comentounos que para medrar sans e fortes un dos ingredientes e SORRIR!!!