Páginas

lunes, 22 de diciembre de 2014

"Nun mercado persa"

Os alumnos e alumnas de 6º interpretan, dirixidos polo profe Rafa, a peza "Nun mercado persa" de Ketelbey.Magníficos e magníficas!!!

domingo, 21 de diciembre de 2014

Festival de Nadal 2014

Os chicos e chicas de 5º e 6º antes de comezar a súa actuación no pentafantástico festival de Nadal...Que nervios!!!

Melchor, Gaspar e Baltasar

Queridos Melchor,Gaspar e Baltasar:
Os nenos e nenas de 5º e 6º este ano fomos moi bos e por iso vos pedimos...
Que se cumpran as vosas ilusións!!!


Bo Nadal!!! 5º e 6º

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º deséxanvos un Bo Nadal e un ano 2015 cheo de paz,compañeirismo, alegría, empatía, respecto, amor, amizade, convivencia,ilusión, tolerancia e solidariedade...Boas vacacións!!!

jueves, 18 de diciembre de 2014

Saída ao cine

Onte,os alumnos e alumnas de 5º e 6º, fomos ao cine a Vilagarcía na compaña de todos os nenos e nenas do cole. Nós miramos "Mortadelo y Filemón contra Jimmy el cachondo" e os máis peques "Los pingüinos". Foi unha mañá moi divertida!!!

jueves, 13 de noviembre de 2014

Magosto 2014

Onte pola tarde celebramos o magosto, a festa das castañas. Primeiro fixemos xogos tradicionais como a corda ou o "lanzamento da zapatilla"...Despois tocou agardar polas riquísmas castañas que estaban asando Santi, o profe Xulio e a profe Chus...Unha vez asadiñas tocou degustalas...Estaban ben boas!!! Tamén recibimos a visita de Raticonto que quixo facerse unhas fotos connosco(están publicadas no blogue da Biblioteca así que, pasádevos por ali, se queredes vernos en tan grata compaña).

martes, 11 de noviembre de 2014

Visita ao Eroski-Center de Vilalonga

Hoxe, os alumnos de 5º B, tal como fixeran os compañeiros e compañeiras de 5º A a semana pasada,visitamos o Eroski-Center de Vilalonga para participar nunha actividade que tiña como obxectivo convertirnos en consumidores responsables..Primeiro, déronnos unha charla no colexio, máis tarde collemos un "microondas" e marchamos ao centro. Unha vez alí, visitamos as seccións de froitería, panadaría, peixaría, productos lácteos e limpeza onde nos explicaron o traballo que se desenrola nelas...Aprendemos moito sobre alimentos enerxéticos, formadores e reguladores.. Puidemos degustar unha riquísima merenda a base de froitas e zumes que estaba saborosísima e tiña unhas formas ben bonitas(ratiños, palmeiras...). E, para rematar, xogamos a adiviñar alimentos co tacto e co gusto...acertámolos cáseque todos!!!...Regaláronnos unha mochila chea de agasallos e fixéronnos unha foto. Agora, como tarefa, temos que escribir unha redacción contando ao noso xeito como vivimos a actividade...Ás catro mellores vanlles premiar con produtos de hixiene!!!...

viernes, 31 de octubre de 2014

Samaín 2014 en 5º e 6º

Aquí tedes un vídeo da celebración do Samaín nos cursos de 5º e 6º. Entre o túnel do medo e os disfraces terroríficos do xoves, disfrutámolo un monte...Esperamos que vós tamén!!!

miércoles, 15 de octubre de 2014

PRENSA NA ESCOLA EN 5º B

Hoxe, os compañeiros e compañeiras de 5º e 6º comezamos a traballar coa Prensa na Escola, iniciativa de "La Voz de Galicia" na que xa participaramos o curso pasado...Este ano con recortes, xa non dispoñemos dun xornal para cada un...pero ,compartindo, todo se fai. Unhas fotos para que comprobedes como empezamos coa actividade.

COMEZO DE CURSO EN 5º E 6º

Ola a todos e todas!!! Xa volvemos...xa se acabaron as vacacións...e aínda que, cun pouco de retraso, os compañeiros e compañeiras de 5º e 6º,queren desexarvos un bo curso e envíarvos un bico e unha aperta.



viernes, 20 de junio de 2014

GRADUACIÓN DE 6º

OUTRO CURSO MÁIS...CHEGARON AS VACACIÓNS...GRADUÁRONSE OS NENOS E NENAS DE 6º...MARCHAN, EMPRENDEN UNHA NOVA ANDAINA...ESPERAMOS QUE O FUTURO LLES SEXA PROPICIO...UNA ANAQUIÑO DE NÓS VAI CON ELES...UN ANAQUIÑO DELES QUEDA CONNOSCO...PARABÉNS E BO VERÁN!!!

lunes, 26 de mayo de 2014

DEPORTE ESCOLAR 6º

O PASADO XOVES TIVO LUGAR NO NOSO CENTRO A ÚLTIMA COMPETICIÓN DE DEPORTE ESCOLAR DESTE ANO ESCOLAR. O COLEXIO INVITADO FOI O DE "A S BIZOCAS" DE O GROVE. DESTA VEZ OS ALUMNOS E ALUMNAS PARTICIPANTES ERAN OS DE 6º. AQUÍ TEDES ALGUNHAS FOTOS DO ACONTECIDO ESA MAÑÁ. PÚBLICO ENTREGADO, COMPETIDORES FANTÁSTICOS E ATA UNHA BOA MERENDA PARA REPOÑER FORZAS...ATA O CURSO QUE VÉN!!!

viernes, 16 de mayo de 2014

LETRAS GALEGAS EN 6º A

OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 6º A CELEBRAMOS HOXE, POR ADIANTADO, O DÍA DAS LETRAS GALEGAS. BAIXAMOS COS NOSOS "DOSSIERS" SOBRE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO E, PARA COMPLETALOS, ESTIVEMOS A LER A INFORMACIÓN QUE HABÍA NO MURAL ELABORADO POLO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LIGÜÍSTICA E NOS CARTEIS ENVIADOS POLA XUNTA. NESTAS FOTOS AMOSÁMOSVOS ALGÚNS MOMENTOS DESA ACTIVIDADE.

jueves, 8 de mayo de 2014

EDUCACIÓN VIAL EN 6º

ONTE OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 6º REMATAMOS O CURSO DE EDUCACIÓN VIAL. TODOS OS ANOS O NOSO CONCELLO FAINOS PARTÍCIPES DESTA ACTIVIDADE QUE TEN COMO OBXECTIVO QUE NOS CONVIRTAMOS EN BOS PEATÓNS E BOS PASAXEIROS QUE NOS LEVE A DESENROLAR UNHA ACTITUDE CRÍTICA CONTRA OS MALOS HÁBITOS E UMHA ACTITUDE POSITIVA HACIA O RESPECTO DAS NORMAS. DURANTE CATRO SEMANAS, ROSA, POLICÍA LOCAL, ESTIVO CONNOSCO EXPLICÁNDONOS COMO DEBEMOS COMPORTARNOS NOS DESPRAZAMENTOS AO CLOEXIO, COMO DEBEMOS ENTRAR E SAÍR DEL , AS CLASES DE VÍAS E COMO CIRCULAR POR ELAS, AS NORMAS DE CIRCULACIÓN O OS SINAIS, COMO CRUZAR NAS PARADAS DOS AUTOBUSES, A OBSERVAR A ACTITUDE DE QUEN CONDUCE UN VEHÍCULO NO QUE IMOS, COMO COMPORTARNOS COMO PASAXEIROS, COMO CIRCULAR COAS BICIS E OS MONOPATÍNS...TODO CON MATERIAIS SINXELOS DE FÁCIL COMPRENSIÓN. AGORA TEMOS UNS CARNÉS COS QUE PODEREMOS "MULTAR" AOS NOSOS MAIORES CANDO VAIAN AO VOLANTE. PROMETE SER DIVERTIDO!!!


miércoles, 7 de mayo de 2014

DEPORTE ESCOLAR 6º CURSO

O PASADO MARTES, 29 DE ABRIL, OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 6º CURSO MARCHAMOS A VILAGARCÍA A PARTICIPAR NO DEPORTE ESCOLAR NO QUE COMPARTIMOS ACTIVIDADE CON COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DO COLEXIO SAN FRANCISCO. FOI UNHA XORNADA DE MOITO ESFORZO FÍSICO, PERO PASÁMOLO MOI BEN. POR ESTE ANO, REMATOU . O CURSO QUE VÉN...MÁIS!

lunes, 14 de abril de 2014

CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS EN MARCHA

O OUTRO DÍA AMOSÁMOSVOS OS CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS QUE ELABORARON OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 6º NESTE CURSO. HOXE ENSINÁMOSVOS COMO FUNCIONAN.

martes, 8 de abril de 2014

CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS

OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 6º AMÓSANVOS OS CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS QUE CONSTRUÍRON NESTE TRIMESTRE. ESTÁN EXPOSTOS NAS ESCALEIRAS QUE SUBEN SO CORREDOR DO TERCEIRO CICLO. VIDE VELOS, DE SEGURO QUE VOS GUSTAN!!!

jueves, 6 de marzo de 2014

OS NOSOS DESFILES E BAILES DE ENTROIDO

NESTES VÍDEOS PODEREDES RECORDAR OS DESFILES QUE FIXEMOS COS NOSOS DISFRACES O VENRES DE ENTROIDO.DISFRUTÁDEOS!!!

lunes, 3 de marzo de 2014

DISFRACES DO TERCEIRO CICLO

MARIÑEIROS, MARIÑEIRAS, PEIXEIROS, PEIXEIRAS, VIKINGOS, PIRATAS...ATA HABÍA UNHA ALGA E UNHAS PRECIOSAS MEDUSAS!!!

CONSIGNAS DE ENTROIDO DO TERCEIRO CICLO

SEGUINDO A TRADICIÓN, OS NENOS E NENAS DO TERCEIRO CICLO CUMPRIMOS AS CONSIGNAS DO ENTROIDO.