Páginas

martes, 11 de noviembre de 2014

Visita ao Eroski-Center de Vilalonga

Hoxe, os alumnos de 5º B, tal como fixeran os compañeiros e compañeiras de 5º A a semana pasada,visitamos o Eroski-Center de Vilalonga para participar nunha actividade que tiña como obxectivo convertirnos en consumidores responsables..Primeiro, déronnos unha charla no colexio, máis tarde collemos un "microondas" e marchamos ao centro. Unha vez alí, visitamos as seccións de froitería, panadaría, peixaría, productos lácteos e limpeza onde nos explicaron o traballo que se desenrola nelas...Aprendemos moito sobre alimentos enerxéticos, formadores e reguladores.. Puidemos degustar unha riquísima merenda a base de froitas e zumes que estaba saborosísima e tiña unhas formas ben bonitas(ratiños, palmeiras...). E, para rematar, xogamos a adiviñar alimentos co tacto e co gusto...acertámolos cáseque todos!!!...Regaláronnos unha mochila chea de agasallos e fixéronnos unha foto. Agora, como tarefa, temos que escribir unha redacción contando ao noso xeito como vivimos a actividade...Ás catro mellores vanlles premiar con produtos de hixiene!!!...

No hay comentarios:

Publicar un comentario