Esta semana tivemos unha visita ben especial. A nosa cooperativa "Ecopegada", invitou a Olga, a persoa que leva a protectora de animais do concello de Cambados, para presentarlle o noso traballo e manifestarlle a intención de que, a metade da recadación que consigamos vai ir adicada a axudala. Pero non veu soa, acompañábaa unha gatiña que nos roubou o corazón e algunha que outra bágoa desde o momento en que a coñecemos. Nin sequera tiña nome. Eco, así se chama agora.
NON AO MALTRATO ANIMAL!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario